mércores, 30 de abril de 2025

O II Premio BREVITER de microrrelatos xa ten unha gañadora e un gañador!

O 25 de abril de 2025, o xurado do II Premio BREVITER de microrrelatos decidiu galardoar as seguintes persoas:

- Na categoría de microrrelatos literarios ou poemas: Iria Iglesias Mouriño, do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela, pola súa obra "Puzle", que, segundo o xurado, ten un "carácter evocador" e mais un "formato sintético cos que retrata a perspectiva interxeracional da imaxe e da identidade".

- Na categoría de microrrelatos audiovisuais: Pablo Martínez Neira, do IES Virxe do Mar de Noia, pola súa obra "Realidade dixital", que, segundo o xurado, amosa "forza visual" para caricaturizar "a idea dos followers", así como "habelencia" para denunciar "a propagación dos bulos nas redes sociais".

O xurado constatou a alta calidade de varias das obras presentadas ao premio e lamentou ter que deixalas sen premio.

Proximamente informarase sobre o acto de entrega dos premios, que vai ter lugar no mes de xuño de 2025 nun acto público no noso instituto.




Ningún comentario:

Publicar un comentario